Saltar ao contido

Hóquei Académico de Cambra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hóquei Académico de Cambra

O Hóquei Académico de Cambra é un club de hóckey a patíns da localidade portuguesa de Vale de Cambra. O seu equipo sénior milita na Segunda División do hóckey a patíns luso e disputa os seus partidos como local Pavilhão Municipal de Vale de Cambra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1999 en Vale de Cambra, Portugal. O 27 de maio de 2007, no Pavilhão Desportivo de São João da Madeira, venceu o Hóquei Clube de Braga na final da Copa de Portugal de hóckey a patíns, co resultado de 6-5 (logo de ter que xogar unha prórroga), o resultado ao final da tempo regulamentario e do engadido foi de 4-4.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Páxina oficial do club Arquivado 17 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.